21 ene 2015

Pedro e o lobo

Durante o comezo deste trimestre imos traballar en música e plástica o conto musical " Pedro e o lobo".
É unha das obras máis populares para achegar a música clásica aos nenos, xa que cada personaxe é representado por un instrumento diferente e a historia é atractiva para os rapaces.

A continuación veredes dúas versións deste conto musical moi distanciadas no tempo, o cal demostra que sigue moi vixente ó longo dos anos.

A primeira delas é a versión de Suzie Templeton, gañadora do oscar a mellor corto de animación no ano 2008, mentres que a segunda unha versión da factoría disney do ano 1946. Dúas versións moi diferentes


                                         Pedro e o lobo Suzie Templeton


                                          Pedro e o lobo disney



Para traballar un pouquiño máis o conto e a sonoridade e características dos instrumentos presentes traballaremos diversas actividades. Aquí vos deixo as que faremos online.

Comezaremos con unha Wix sobre a obra creada por Arantxa Llames, do blog L'Andariega musical. É un material moi completo co argumento, a audición, vídeo, cortometraxe, biografía de Sergei Prokofiev, xogos interactivos e vídeos sobre os instrumentos da orquesta.

                                              Pedro e o lobo

 Seguiremos cun crucigrama...

                      
                                     Crucigrama Pedro e o lobo



E un xogo para adiviñar os instrumentos...

                             
                                         Xogo Pedro e o lobo



Adicaremos ademáis algunhas sesións de plástica a crear os personaxes en cartolina para crear un guiñol traballando por grupos de maneira colaborativa. Aquí vai un pouquiño de inspiración. Sacade todo ese arte que tedes dentro, rapaces!!!














No hay comentarios:

Publicar un comentario